HomeCulturaEste 23 de novembro preséntase Circular polo Saviñao IV

Este 23 de novembro preséntase Circular polo Saviñao IV

O Círculo Saviñao presenta este mércores ás 20.30 no local social, o libro IV de Circular polo Saviñao, publicación coa que esta sociedade quere conmemorar o seu 60 aniversario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación estará a cargo de Valentín García, Director Xeral de Política Lingüística; Juan Carlos Armesto, Alcalde do Saviñao; Olga Novo, colaboradora e Premio Nacional de Poesía 2020; e Enrique Sampil, presidente desta sociedade. Cada un dos socios do Círculo Saviñao recibirá gratuitamente un exemplar.

Circular polo Saviñao IV, o primeiro que se edita en cor, conta con numerosos e importantes colaboradores e amigos que participan con distintos artigos sobre arte, xente, historia, etimoloxía, patrimonio… do Concello e sobre as peculiaridades que fan especial a Ribeira Sacra e o rural destas terras de Lemos.

Algúns deses colaboradores son: Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades; Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), Mestre, cantante e escritor. Fundador dos grupos Fuxan os Ventos e A Quenlla; Xesús Alonso Montero, Catedrático de Lingua e Literatura Española. Foi presidente da Real Academia Galega. Membro do Consello da Cultura Galega. Ensaísta, sociolingüista e poeta; José de Cora Paradela, Xornalista e escritor. Foi director de El Progreso. Director xeral do Grupo El Progreso. Pertence á Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual; ou Ramón José Yzquierdo Perrín, Doutor en Historia da Arte da Universidade da Coruña. Especialista na arte románica e protogótica galega. Académico da Real Academia da Historia, da Academia Galega de Belas Artes e da de Bellas Artes de San Fernando. Membro do Consello da Cultura Galega.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...