HomesociedadeO Concello de Chantada presenta a súa programación de Nadal

O Concello de Chantada presenta a súa programación de Nadal

Música, maxia, circo, Apalpadora e Cabalgata de Reis pensando nos máis pequenos e pequenas da casa. O concello tamén ofrecerá servizo de ludoteca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada presentou días atrás o seu cartel de actividades para o Nadal ao tempo que informou do servizo de ludoteca que pon en marcha.

Para o coidado da cativada ofrécese no pavillón municipal os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro un servizo de ludoteca que estará operativo de 10:00 a 14:00 h. da mañá. Dentro dese horario entre as 10:30 e as 12:00 h. haberá obradoiros para os nenos e nenas de 3 a 5 anos, e entre as 12:00 e as 13:30 h. obradoiros para os maiores de 6 anos. A maiores contémplase unha hora de ‘madrugadores’ para atención entre as 9:00 e as 10:00 h. As inscricións deberán facerse na Casa da Cultura antes do 16 de decembro.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

O xoves 22 de decembro chega a Chantada ‘A Apalpadora’, un espectáculo infantil que se poderá ver no Auditorio Municipal ás 19:00 h.

Os amantes da maxia teñen a ‘Mago Tomico’ o día 28 tamén no Auditorio Municipal ás 19:00 h.; e na mesma semana, o venres 30, no mesmo horario e no mesmo escenario, ‘Un par de dos’, un espectáculo de circo con humor.

Rematado o ano, dúas actividades máis para completar a programación de Nadal. O martes 3 de xaneiro do 2023 chega a Chatada o espectáculo de música infantil ‘Chuches Amil’. No Auditorio ás 19:00 h.

E como remate ás festas, o 5 de xaneiro será a ‘Cabalgata de Reis’, o tradicional desfile que este ano contará como acompañamento ás SS. MM. con zancudos, cabalos máxicos e xigantes luminosos. A partires das 18:00 h. polas principais rúas de Chantada.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...