HomeMedio ambiente e PatrimonioAcondiciónase a ruta da Seara á Lucenza, danada polos incendios deste verán

Acondiciónase a ruta da Seara á Lucenza, danada polos incendios deste verán

Con estes traballos permitirase o acceso dos visitantes para que sigan utilizando este percorrido que conta cun alto valor ecolóxico, etnográfico, xeolóxico e paisaxístico, dando a coñecer o lugar mediante a sinalización de elementos ou lugares de interese. As melloras axudan a coñecer e acceder a zonas de alto valor dentro da Rede Natura do Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia aportará uns 16.000€ que servirán para a reparación da plataforma, a sinalización da ruta, a recuperación de elementos danados e a colocación de novas sinais informativas e interpretativas que permitan a mellor comprensión do medio natural desta ruta.

Nesta ruta homologada (PR-G 184) pintarase unha nova sinalización mediante franxas paralelas e de distinta cor (branca e amarela) aproximadamente cada 50 metros, farase un refino e planeo do camiño coa correspondente apertura de cunetas, e colocarase unha mesa interpretativa conforme a indicacións do manual de sinalización turística da Xunta de Galicia, así como frechas indicativas de madeira tratada. O Concello de Quiroga aproveitará tamén para mellorar o inicio da ruta dentro do núcleo da Seara onde se colocará un pequeno tramo de formigón.

A Ruta (PR-G 184) da Lagoa da Lucenza, iniciase no pobo da Seara, e ascende polo val de Forgas, pasando polas fervenzas de Fócaro e de Navarega, hasta chegar á Lagoa da Lucenza, de orixe glaciar e cuxa antigüidade remóntase ao pleistoceno. Séguese ascendendo ata a Campa da Lucenza, a uns 1500 m de altitude, e enlázase con unha pista que recorre a parte alta de estas montañas. Ao chegar ás proximidades do Alto de Formigueiros, desvíase por un sendeiro que nos levará de volta á Seara pola outra ladeira do val de Forgas.

A lagoa da Lucenza de orixe glaciar é unha paraxe emblemática do Xeoparque Montañas do Courel situada a unha altura de 1.440 metros, duns setenta metros de diámetro e unha profundidade dun metro, que se enche grazas as augas pluviais do monte Formigueiros.

ÚLTIMAS

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...