HomeCulturaConcerto na igrexa de Vilar de Ortelle, Pantón

Concerto na igrexa de Vilar de Ortelle, Pantón

O dúo ALENDALÚA fará viaxar aos presentes á Idade Media.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro domingo 11 de decembro ás 17:00 h. haberá un concerto de balde na igrexa de Santiago de Vilar de Ortelle.

“Da man do dúo ALENDALÚA teremos o pracer de viaxar por medio da música á Idade Media”, explican dende a asociación Segredos de Pantón, entidade que coorganiza este evento.

A formación musical devandita chega dende Ourense, está composta por Irma Fernández Alonso e Juan Manuel Vázquez, e ofrecerá unha proposta musical con pezas de Afonso “O Sabio”, Martín Codax, e música sefardí, entre outras moitas. Empregarán o órgano portativo, percusión, oud, vihuela de man e cítola.

Organizan: Asoc. Cult. “Segredos de Pantón” e Parroquia de St. de Vilar de Ortelle, e colabora a Diócese de Lugo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...