HomeCulturaMonforte vístese de gala para o estreo da película do veciño Dani...

Monforte vístese de gala para o estreo da película do veciño Dani de la Torre

Publicado o

- Advertisement -

O director de cine, Dani de la Torre, estrea a súa segunda película, La Sombra de la Ley, o 11 de outubro. Unha cinta ambientada na Barcelona obreira dos anos 20 e na que participaron actores como Luís Tosar, Michelle Jenner ou Paco Tous entre outros.

Producida por Vaca Films e Atresmedia Films e distribuida por 20th Century Fox, a obra rodouse o verán pasado entre Barcelona e Galicia. E foi no Museo do Ferrocarril da cidade onde se grabaron varias das secuencias nas que o público de todo o mundo vai poder desfrutar da grandiosa máquina a vapor, Mikado.

Cartel presentación do trailer da película/youtube

La Sombra de la Ley está inspirada en feitos reais e narra a historia de España nos anos 20. Unha época na que o pais estaba a pasar un momento caótico e os asuntos turbios e ilegais estaban á orde do día. Nese ambiente, Aníbal (Luís Tosar), é un policía destinado á cidade condal para investigar e deter ós culpables do asalto a un tren militar. Sen embargo, Aníbal non atopará moitas facilidades para levar a cabo o seu traballo; durante a súa estancia en Barcelona terá que convivir con empresarios sen escrúpulos, mafiosos, pistoleiros, policía corrupta á par que se adentra nos baixos fondos da sociedade catalana.

O vindeiro luns día 15, na sala de proxeccións da cidade vivirase un momento único. Dani de la Torre xunto con algúns dos actores acompañados do alcalde, José Tomé Roca e da productora Emma Lustres, visitarán a cidade do Cabe. Un acto na cidade natal do director e onde se rodaron gran parte das secuencias da súa segunda gran obra.

 

 

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...