HomePolíticaJose Rodríguez Fernández, presidente da xestora do PP de Ribas de Sil

Jose Rodríguez Fernández, presidente da xestora do PP de Ribas de Sil

Jose Rodríguez Fernández foi nomeado presidente da xestora do PP de Ribas de Sil co obxectivo de renovar e reforzar a agrupación local tralo paso atrás anunciado recentemente polo actual portavoz municipal, Isaac Lamas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rodríguez é natural de San Clodio, a capitalidade municipal; ten 23 anos e forma parte de Novas Xeracións do PP dende fai cinco anos. Socorrista e opositor a técnico medioambiental, amósase moi ilusionado e con ganas de traballar por Ribas de Sil: “Quero facer algo por mellorar Ribas de Sil e que non siga indo cara abaixo. E cando me deron a oportunidade dixen para adiante”.

O novo presidente da xestora asegura que traballará por este concello, da Ribeira Sacra con gran riqueza natural e patrimonial que tamén pertence ao Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel, cun equipo que presentará en próximas datas e no que agarda contar con “xente nova e tamén veciños e veciñas con experiencia dispostos a traballar polo noso pobo”. Co obxectivo de “fortalecer o Partido Popular no noso concello a longo prazo”, Rodríguez convida a “unirse ao proxecto do PP a todos aquelas persoas que queiran mellorar o noso pobo”.

A dirección provincial amosa o seu agradecemento polo compromiso de Jose Rodríguez e destaca “a crecente implicación de xente nova co proxecto do Partido Popular da provincia de Lugo” que se pon de manifesto coa integración de mozos e mozas nos órganos de dirección das distintas agrupacións locais da provincia; xa sexan “membros dos comités de dirección elixidos nos congresos, nomeados como membros das xestoras ou, incluso, coma neste caso, máximos responsables do PP nos seus concellos”.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...