HomeCulturaXXII Mostra de Panxoliñas para centros de ensino de Monforte este día...

XXII Mostra de Panxoliñas para centros de ensino de Monforte este día 15

Este xoves, 15 de decembro, ás 18:00 horas no Edificio Multiusos, nenas e nenos de diferentes centros de ensino da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal dentro da XXII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra, retómase despois de dous anos que non se puido celebrar por mor da pandemia. Cada edición celébrase con grande éxito co fin de espertar a afección ó canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade. Nesta 22ª edición os centros de ensino participantes son:

  • Colexio PP. Escolapios
  • Fundación Educativa Torre De Lemos
  • Colexio P. Ferroviario

Programa XXII Mostra de Panxoliñas

FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS

“Los colores vamos al portal”, a cargo de alumnos e alumnas de educación infantil.

COLEXIO FERROVIARIO

“El Árbol de los Besos”, por alumnos de educación infantil.

COLEXIO PP. ESCOLAPIOS

“Panxoliña Celta” de J. Luis Nieves, co coro de 3º a 6º de primaria.

COLEXIO CPR FERROVIARIO

“Cando é Nadal”, por alumnos de 3º de educación primaria.

FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS

“A la luz del sol –  Volaré” a cargo de alumnos de educación primaria.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...