HomesociedadeA Deputación aproba máis de 260.000€ para investir en Láncara e Quiroga

A Deputación aproba máis de 260.000€ para investir en Láncara e Quiroga

A Deputación de Lugo aprobou este venres dous convenios para continuar dotando de servizos ós municipios de Láncara e Quiroga cun investimento de máis de 260.000€. Así o anunciou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, tras a reunión da Xunta de Goberno. Tamén licitáronse melloras en dúas estradas provinciais do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso de Láncara o convenio de colaboración entre a institución provincial ascende a 187.000€ para a humanización integral da rúa Benigno Quiroga da Pobra de San Xiao, unha das dúas arterias principais do municipio. “Esta é unha decisión moi importante para este Concello, pois evidénciase que responde a unha clara aposta polo rural do Presidente, que contribúe a fixar poboación e por poñer riba da mesa que en calquera Concello é posible desenvolver unha actividade económica se se cre niso”, subliñou o Deputado.

Este novo acordo súmase ao que, hai apenas un ano, a Deputación de Lugo fixo con este mesmo municipio para adquirir os terreos e os edificios ferroviarios que o Adif ten en desuso na Pobra de San Xiao cunha achega de 75.000€.  Alí crearase un gran espazo público, cunha ampla zona verde de lecer que unirá co río, e a posta en valor dos edificios ferroviarios, como a antiga estación do tren, terá un impacto moi positivo para o concello a nivel urbanístico, social e económico.

Pola súa banda, tamén se lle deu o visto bo a un convenio de colaboración co Concello de Quiroga co obxectivo de ampliar o cemiterio municipal. Para este fin, a Deputación achegará 80.000€ en dúas anualidades.

Aprobouse tamén a licitación por 640.000€ para a mellora dun conxunto de estradas provinciais nos municipios de Baleira, Ribeira de Piquín, O Saviñao e Monterroso. No Saviñao, vanse mellorar dúas estradas provinciais, a LU-P-4102, que une Ferreira con Currelos cun investimento que supera os 120.000€. As obras afectarán ao treito que vai dende o punto quilométrico 10,9 ao 14,7. Os traballos terán un prazo de execución de 2 meses. Tamén no Saviñao arranxarase o firme da estrada provincial LU-P-5802, que vai dende Porto ata Córneas polo Casar. Nesta vía renovarase o treito que vai dende o punto quilométrico 6,4 ao 8,02 cun orzamento de licitación de máis de 74.000€. O prazo de execución é de 2 meses.

Captación de 240.000€ de novos fondos

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou hoxe aceptar a concesión dunha subvención de 240.000€ que lle foi concedida á Deputación polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para un novo proxecto que se desenvolverá nos vindeiros meses.

Será unha iniciativa con diferentes actividades integradas e solucións completas para abordar o problema de perda de poboación que está sufrindo o noso rural. Crearanse 3 oficinas de reto demográfico en diferentes concellos da provincia para ofrecer unha atención directa ao cidadán,  haberá axudas para incentivar o arrendamento de vivendas no rural, se apostará por axudar a recuperar especies autóctonas para crear postos de traballo e riqueza no territorio e se porá en marcha un programa de becas e xornadas de especialización profesional, entre outras accións.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...