Homesociedade180.000€ da Deputación para a humanización da avenida Benigno Quiroga na Pobra...

180.000€ da Deputación para a humanización da avenida Benigno Quiroga na Pobra de San Xiao

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou este martes co Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, un convenio de colaboración polo que a Deputación aporta 180.000€ para a humanización integral da avenida Benigno Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación permitirá mellorar o firme da Avenida Benigno Quiroga, con aproximadamente un quilómetro de lonxitude, que aportará unha maior durabilidade e estabilidade. Tamén se proxecta unha mellora de accesibilidade coa instalación de catro pasos de peóns elevados e a instalación de tres prazas adaptadas a persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, este proxecto complétase coa sinalización horizontal e vertical necesarias que garante as condicións de accesibilidade e seguridade da vía.

Tomé Roca destacou a importancia desta obra porque Benigno Quiroga é unha das dúas arterias principais coas que conta o núcleo da Pobra, onde se sitúan a maioría das tendas, entidades bancarias e locais de hostalería e onde viven ademais moitos veciñas e veciños deste municipio. “Esta obra demostra, unha vez máis, que o Alcalde de Láncara reúne os valores que teñen os grandes alcaldes, pois esfórzase por atender as necesidades do día a día dos seus veciños e veciñas e, ó mesmo tempo, ten un proxecto de futuro, a longo prazo, para o seu concello, e ten capacidade para sacalo adiante”, manifestou o Presidente, sinalando a colaboración permanente co concello de Láncara no que a Deputación leva investidos 1,5M€ neste mandato.

O mandatario provincial puxo como exemplo a achega de 75.000€ para a compra dos terreos e os edificios ferroviarios do Adif, na Pobra de San Xiao. Concluíu felicitando ao Alcalde e destacando o traballo provincial para a posta en marcha de novos proxectos cos 67 concellos da provincia “na medida das posibilidades orzamentarias da Deputación”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...