HomeMedio ambiente e PatrimonioDous días de Foro Territorios Patrimonio no Parador de Turismo de Monforte

Dous días de Foro Territorios Patrimonio no Parador de Turismo de Monforte

O Foro Territorios Patrimonio busca, entre outros obxectivos, conectar a Ribeira Sacra con territorios Patrimonio da Humanidade. Na inauguración interviron esta mañá, a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez e 1ª Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada; ademais do director do Foro, Carlos Montilla.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Esta paisaxe é un dos rostros máis recoñecibles e admirables de Galicia cunha gran capacidade para conservar os seus valores excepcionais ao longo de máis de 1.500 anos de historia”, salientou, Mª Carmen Martínez. En relación coa candidatura a Patrimonio da Humanidade, explicou que “a Xunta de Galicia está aproveitando o aprazamento estratéxico para acreditar con toda a forza e rigor os valores excepcionais deste territorio.”

Foro Territorios Patrimonio / Consellería de Educación

Pola súa banda, Gloria Prada, fixo un repaso polo rico patrimonio que posúe a cidade de Monforte, así como a riqueza paisaxística e artística da Ribeira Sacra e “que son as nosas sinais de identidade e un poderoso reclamo turístico, arredor do que articulamos unha oferta turística e cultural de calidade, sostible, non masificada e de experiencias”. E subliñou que “dende o Equipo de Goberno do Concello, creemos que as diferentes administracións e asociacións debemos aunar esforzos para acadar o noso obxectivo prioritario, que é que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”.

Dábase paso así a dous días de debates e conferencias para afondar nas posibilidades da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que participou na mesa redonda Como xerar sinerxias entre territorios, onde sinalaba, “Desde a Xunta de Galicia traballamos para orientar a nosa Comunidade cara un desenvolvemento turístico que aproveite as súas fortalezas, achegado propostas turísticas adaptadas ás demandas dos viaxeiros actuais que buscan lugares abertos e non masificados, rodeados por natureza, paisaxes e deporte, mar e actividades náuticas, gastronomía e atractivos varios nunha oferta distinta, diferenciada e sostible”, indicou Nava Castro.

Foro Territorios Patrimonio / Consellería de Educación

No marco da mesa redonda Paisaxes Patrimonio. Experiencias Patrimonio da Humanidade desde a perspectiva dos valores paisaxísticos e patrimoniais, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, incidiu na importancia de protexer a diversidade paisaxística dado que a contorna das persoas inflúe notablemente na súa vida cotiá e asegurou que “a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, como ente xestor da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra, ademais de mellorar a paisaxe desta contorna, seguirá a actuar na conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais e no apoio ao desenvolvemento dun turismo sostible, co obxectivo de acadar unha verdadeira combinación entre o medio natural e o produtivo”.

Este martes pola tarde fíxose visita á adega Proencia en Doade e rematouse de novo no Parador de Monforte coa cata-charla de “Territorios Vitícolas”. A sexta edición do Foro Territorios Patrimonio continúa actividade este mércores pola mañá no Parador para pechar e ofrecer conclusións do encontro, a partir das 13.00.

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...