Homesociedade12.000€ para mellorar a seguridade no Camiño Francés en Barreiros, Sarria

12.000€ para mellorar a seguridade no Camiño Francés en Barreiros, Sarria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de executar unha actuación de mellora da seguridade nun treito da estrada LU-633 que coincide co Camiño Francés ao seu paso polo núcleo de Barreiros, en Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este mércores o resultado dos traballos, realizados á altura do punto quilométrico 54 desta vía autonómica, onde se instalou unha pasarela de madeira e un valado, mellorouse o pavimento na zona pola que transitan os peóns, pintáronse bandas transversais de alerta e reforzouse a sinalización de advertencia de perigo. O investimento total foi de 12.200 euros.

O Goberno galego ten en marcha este ano, seis actuacións destas características no percorrido do Camiño Francés por Sarria, Triacastela, Samos e Portomarín, cinco delas na confluencia coa estradas LU-633 e unha na LU-637.

Forman parte das 23 intervencións programadas pola Xunta en 2022 para incrementar a seguridade en puntos conflitivos das diferentes rutas xacobeas que atravesan a provincia de Lugo, cun investimento que supera os 500.000 euros. “O Goberno galego continúa así co plan mellora de seguridade na rede viaria de titularidade autonómica no ámbito dos Camiños de Santiago en Galicia, que no anterior exercicio incluíu 36 actuacións en 13 estradas autonómicas de Lugo cun investimento de 466.800 euros”, sinalan.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...