HomePolíticaSober aproba un orzamento que prima "o gasto social e os servizos...

Sober aproba un orzamento que prima “o gasto social e os servizos públicos”

O rexedor destaca a aprobación duns orzamentos “realistas, que van permitir seguir mellorando servizos públicos e avanzar na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober aproba o orzamento para 2023 que ascende a 3.138.243 euros, nos que aseguran que prima o gasto social e os investimentos. O alcalde, Luis Fernández Guitián, pon en valor, ademais do carácter social destes presupostos, “que non se sobe ningún imposto nin taxa”. Destínase a Benestar Comunitario e Gasto Social arredor de 1.500.000 euros e a Educación, Cultura e Deporte, 450.000 euros.

O presuposto municipal conta con máis de 800.000 euros de investimento, incluídos fondos propios, o Plan Único e outras axudas da Xunta de Galicia. Máis de 350.000 euros irán destinados á mellora de camiños, cunha partida especifica destinada á limpeza de cunetas e sinalización. Tamén se contempla a rehabilitación e equipamento de dúas vivendas en Vilamaior e a humanización das Prazas de Lobios e Campo de Anllo. As contas recollen unha partida para a compra de terreos para un novo Punto Limpo e a continuación das escavacións en Proendos.

Lobios / Carlos Rueda

Entre as inversións tamén figura a ampliación da Gardería Municipal, a construción dun novo Punto Limpo, a mellora da Capela da Barca, a mellora dos parques infantís de Arxemil e Canabal, a ampliación da rede municipal de abastecemento ou o resembrado e novos bancos nos campos de fútbol de Sober e A Carqueixa. Mantense ademais as liñas de axudas para todos os niveis educativos; infantil, primaria, secundaria e universidade. O fomento do emprego conta cunha partida específica de máis de 75.000 euros.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...