HomesociedadeCurso en Chantada a partir do 16 de xaneiro para deixar de...

Curso en Chantada a partir do 16 de xaneiro para deixar de fumar

A sociación Chantada Contra o Cancro organiza un curso para deixar de fumar que comezará o luns, 16 de xaneiro, e terá lugar todos os luns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antes da pandemia, nos anos 2018 e 2019, Chantada contra o cancro xa organizara talleres para abandonar esta adicción e tiveran moi boa acollida. Este ano decidiron organizalo de novo e xa recibiron as primeiras inscricións.

O curso iniciarase o próximo luns, 16 de xaneiro, tendo lugar tódolos luns en dous horarios distintos de mañá e tarde (con posibilidade de ser modificados segundo as persoas que se anoten) durante oito semanas consecutivas. Terá lugar no local da asociación situado no parque Eloísa Rivadulla de Chantada.

A psicóloga, Laura Sánchez, será a que impartirá este curso a través de sesións dunha hora para grupos reducidos nas que as e os participantes coñecerán as técnicas para deixar de fumar e xestionarán as emocións negativas e as barreiras que xorden no proceso do abandono do tabaco. O teléfono para apuntarse é o 641 45 27 42.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...