HomesociedadeEn funcionamento o laboratorio de análises clínicas e de bioquímica do hospital...

En funcionamento o laboratorio de análises clínicas e de bioquímica do hospital comarcal

Nun espazo contiguo levarase a cabo unha nova área de laboratorio de microbioloxía "da que xa está encargado o proxecto para poder executar as obras neste mesmo ano".

Publicado o

- Advertisement -

Xunta puxo en funcionamento este mércores o laboratorio de análises clínicas e de bioquímica do Hospital de Monforte de Lemos, mentres que destacou que, nun espazo contiguo, levará a cabo unha nova área de laboratorio de microbioloxía “da que xa está encargado o proxecto para poder executar as obras neste mesmo ano”.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou durante a inauguración que estas actuacións “son previas ao principal compromiso, que é a licitación, neste ano, do Plan Director que vai definir as actuacións para modernizar as áreas de hospitalización, consultas externas e os espazos administrativos“.

Así mesmo, Comesaña destacou que este hospital ofrece “cada vez máis servizos á cidadanía”. Deste xeito, destacou que a ampliación do hospital de día e a farmacia, leva a que este centro da rede do Sergas realice agora tratamentos de quimioterapia que antes tiñan que facerse en Lugo.

Nesta liña, a directora do distrito sanitario de Monforte, María Inmaculada Ramos, subliñou que esta remodelación proporciona “melloras na seguridade e condicións ambientais de traballo e a incorporación de novas tecnoloxías”. Así, lembrou que o pasado ano estes laboratorios procesaron máis de 82.000 peticións analíticas para pacientes.

OBXECTIVOS NOS HOSPITAIS COMARCAIS

Doutra banda, o titular de Sanidade resaltou que todos os hospitais comarcais “teñen en marcha procesos de ampliación e mellora”, xa que “grazas a eles, o 85 % da poboación galega atópase a menos de 30 minutos do seu hospital de referencia“.

Así, sobre a cobertura de profesionais, o conselleiro apuntou que, desde 2019, “o tempo de servizo nun hospital comarcal proporciona unha puntuación extra nos baremos das ofertas públicas de emprego”. Ademais, desde 2021, a prestación de servizos en hospitais como o de Monforte outorga puntos adicionais aos profesionais para obter un grao máis avanzado da carreira profesional.

ÚLTIMAS

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...