HomeMedio ambiente e PatrimonioQue bens de interese cultural (BIC) do sur de lugo serán dixitalizados?

Que bens de interese cultural (BIC) do sur de lugo serán dixitalizados?

Os fondos ‘Next Generation’ farán posible a dixitalización do patrimonio catalogado como BIC en Galicia. Coñecemos os bens afectados nas comarcas que cubre este xornal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través dos fondos europeos do plan de recuperación, vén de licitar o contrato para dixitalizar todos os bens de interese cultural (BIC) de Galicia, un total de 337. Na provincia de Lugo serán 106 os dixitalizados, 42 deles no sur de Lugo.

Este proxecto de inventario servirá para ter todo o patrimonio recollido de forma dixital e actualizado a nivel audiovisual. A Xunta poderá utilizalo con criterios máis uniformes para as súas campañas de promoción, para a súa mellor conservación ou para a súa posta en valor a través de todo tipo de publicacións. A intención é que cada BIC conte con entre 20 e 75 fotos dixitalizadas, dependendo do tipo de monumento ou conxunto monumental.

BENS DE INTERESE CULTURAL QUE SE DIXITALIZARÁN NO SUR DE LUGO

Comarca de Sarria

Igrexa de Hospital, Igrexa de Santa Cruz e Torre do Hospital no Incio; Santa María de Loio e necrópole e San Facundo de Ribas de Miño en Paradela; Mosteiro e Capela do Ciprés en Samos; e Fortaleza Torre do Batallón e Igrexa de Santiago de Barbadelo en Sarria.

Igrexa de Santiago de Barbadelo / Villarabid

Comarca de Chantada

Capela do Poboado dos Peares, Igrexa de San Xoán de Cova, Igrexa de Santa María de Temes e Igrexa Santo Estevo de Chouzán en Carballedo; Oficinas do encoro de Belesar, Santa Mª Nogueira de Miño, Igrexa Santa Mª de Pesqueiras e Mosteiro San Salvador de Asma en Chantada; e Igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada.

Mosteiro de San Salvador de Asma / Galipedia

Comarca de Lemos

Adegas de Vilachá na Pobra do Brollón, Igrexa de San Paio de Diomondi, Santa Mª de Seteventos, Santo Estevo de Ribas de Miño, Santuario da Virxe de Guadalupe e Torre da Candaira no Concello do Saviñao; Castelo de Ferreira ou de Maside, Igrexa de San Fiz de Cangas, Igrexa de San Miguel de Eiré, Igrexa de Santo Estevo de Atán, Igrexa de San Vicente de Pombeiro e Mosteiro Santa María de Ferreira de Pantón no Concello de Pantón; Muíños do Río Xábrega en Sober; Colexio da Nosa Señora da Antiga, Conxunto histórico de Monforte, Murallas e fortaleza e Pazo de Tor no Concello de Monforte.

Colexio Nosa Señora da Antiga (Os Escolapios). Foto: XMF

Comarca de Quiroga

Castelo de Carbedo, Froxán e Seceda en Folgoso do Courel; Os Covallos, Torre dos Novais, o Tunel Romano de Montefurado e a Ponte do Bibei no Concello de Quiroga.

Castelo dos Novais. Foto: Concello de Quiroga.

A Lei de Patrimonio obriga a que o Goberno Galego traballe na protección dos bens culturais e aínda que sexan propiedade privada teña que velar pola súa conservación.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...