HomesociedadeMiguel Vega, do IES Río Cabe, subcampión do VIII concurso Talento en...

Miguel Vega, do IES Río Cabe, subcampión do VIII concurso Talento en Bolsa

O concurso ten como patrocinadores a Renda4banco e ao Instituto de Estudos Bolsistas, formando parte do Plan de Educación Financeira elaborado pola CNMV e o Banco de España. O seu obxectivo é buscar e premiar o talento sostible, xa que procura demostrar que os investimentos en Bolsa poden ser sostibles, seguros, socialmente responsables e que axuden a xerar coñecemento real das finanzas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este concurso tamén pretende contribuír á mellora da cultura financeira do alumnado de bacharelato, dotándoo de ferramentas, habilidades e coñecementos para adoptar decisións financeiras informadas e apropiadas ao longo da súa vida. O primeiro clasificado neste concurso obtivo unha rendibilidade do 49%, recaendo a segunda posición en Miguel Vega López, alumno do IES Río Cabe, cunha rendibilidade do 36,87 %. Ao redor de 600 alumnos/as de bacharelato de toda España participaron na edición deste ano.

Miguel como 2º clasificiado recibiu unha tarxeta de 250 euros, unha bolsa do 50% para cursar un grao ou un máster universitario e un diploma acreditativo do posto alcanzado. Ao longo do xogo da bolsa, que durou do 18 de outubro ao 20 de decembro de 2022, os alumnos de bacharelato competiron entre si para tentar obter a maior rendibilidade e a carteira de investimento mellor valorado ao final do prazo, seguindo os parámetros reais do mercado bolsista español. Desta forma, os rexistrados deberon obter a máxima rendibilidade dun capital ficticio de 30.000 euros co que partían ao comezo deste xogo.

Neste sentido, e segundo recollían as bases do concurso, os ‘bróker’ ficticios puideron realizar as operacións que considerasen oportunas coa cantidade que tiñan asignada en valores do Ibex35 e de Mercado Continuo Español.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...