InicioDeportes15 días para a "Festa do trail galego", o 22 pechan as...

15 días para a “Festa do trail galego”, o 22 pechan as inscricións

A primeira fin de semana de febreiro, días 4 e 5, celébrase unha nova edición do Quiroga Trail Challenge. A cita chega á súa IX edición co respaldo dos concellos de Ribas de Sil e Quiroga, "que souberon ver a importancia do devandito evento para o desenvolvemento da súa comarca, non só polo número de rexistrados, senón tamén pola elevada porcentaxe de acompañantes e voluntarios, máis de 100 nesta ocasión", sinalan desde a organización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ningún corredor de montaña quere perderse o evento máis importante dentro do trail galego. Con máis de 1.100 participantes arrinca esta edición e, de novo, con formato de dous días. Este ano aumenta considerablemente a asistencia de corredores procedentes de diferentes comunidades autónomas, especialmente de Castela-León e Madrid e, mesmo, de fóra de España debido a que acudirán máis de 20 corredores de terras lusas, sumando en total un 20% de asistencia de fóra de Galicia. Continúa crecendo a afluencia do sector feminino en todas as distancias, cun destacable 23% do total de rexistrados.            

O Montouto Club de Montaña, principal organizador, leva meses preparando este evento. Algunhas das novidades máis destacables desta edición son os percorridos alternativos ideados para evitar e respectar a recuperación das zonas arrasadas polos incendios sufridos o pasado verán; a roza e marcaxe parcial das distintas distancias que transcorren por ambos os concellos, Quiroga e Ribas de Sil con máis antelación para que os participantes poidan adestrar; a incorporación de novos patrocinadores, cada vez con maior implicación de empresas de dentro e fóra da comarca; a actualización continuada de información e difusión nas redes sociais, prensa, televisión e radio; a presentación dunha categoría exclusiva para os participantes censados no Xeoparque Montañas do Courel, precisamente para revalorizar a súa importancia e xa con nada menos que 45 rexistrados nas distintas modalidades.

TRAIL DO CASTELO: 4 de febreiro. Ultra: 61km Maratón: 44 km
Trail Fisiosport: 25 km
Minitrail: 17 km
Andaina Coureleando: 17 km
TRAIL DO LOR: 5 de febreiro.
Trail Fisiosport: 27 km
Minitrail: 15 km

Por terceiro ano os corredores poderán elixir correr as etapas de maneira separada ou conxunta, accedendo así á clasificación do Quiroga Trail Challenge de acordo ás combinacións establecidas pola organización. O circuíto constará obrigatoriamente da seguinte combinación:

  • Ultra Casa de Outeiro (Ultra do Castelo 61km + Trail do Lor 27 km): 88 km.
  • Maratón Casa do Estanco (Maratón do  Castelo 44 km + Trail do Lor 27 km): 71 km.
  • Trail Fisiosport  (Trail do Castelo 25 km + Trail do Lor  27 km): 52 km.
  • Minitrail Adegas EDV (Minitrail do Castelo 17 km + Minitrail do Lor 15 km): 32 km.

As inscricións pechan o próximo día 22 e xa non quedan prazas nas distancias de ultra, circuíto ultra e andaina

Quiroga Trail Challenge

ÚLTIMAS

Lugo pon en valor o románico da provincia con 17 visitas guiadas

A Deputación de Lugo organiza por cuarto ano consecutivo rutas gratuítas para conmemorar o...

A CIG-Saúde denuncia a falta de especialistas no Hospital de Monforte despois da OPE

O sindicato informa de que un radiólogo e unha psiquiatra marcharon porque colleron praza...

Fina Casalderrey presenta o 3 de maio en Chantada “A muller xabaril”

O acto de presentación, aberto ás persoas interesadas, completarase coa actuación da Banda de...

Restauración da histórica Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, en Pantón

A histórica Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, no Concello de Pantón,...