HomesociedadeSarria levou a Fitur o Camiño Francés que o ano pasado iniciaron...

Sarria levou a Fitur o Camiño Francés que o ano pasado iniciaron na vila 132.047 peregrinos

A concelleira do Camiño de Santiago, Reyes Abella, convidou aos asistentes á presentación do proxecto “Camiño Francés. Camiño 360” no stand de Galicia en Fitur a “preservar a esencia do Camiño como ruta milenaria de peregrinación” e a “recuperar e poñer en valor a súa herdanza cultural”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Reyes Abella, que acudiu á Feira Internacional de Turismo acompañada polo concelleiro Félix Seijas, foi a encargada de abrir a presentación da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés en substitución do presidente, Claudio Garrido, que non puido asistir á feira. Tamén interviron a vicepresidenta da mancomunidade e alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.

No seu discurso, Abella describiu o Camiño Francés como “unha ruta de historias, de cultura, de espiritualidade, de paisaxes e de convivencia” e salientou que, segundo os últimos datos da Oficina de Acollida ao Peregrino, ao longo do ano 2022 un total de 132.047 peregrinos iniciaron en Sarria a súa andaina cara Compostela. “Estamos a falar de 132.000 peregrinos que posiblemente cearon, pernoctaron, almorzaron, xantaron ou compraron en Sarria, con todo o positivo que iso supón”, subliñou, facendo incidencia na repercusión do Camiño Francés como “fonte de vida e riqueza cultural, social, económica e comercial” para os 11 municipios que forman parte da mancomunidade: O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino.

“O Camiño Francés é para os nosos municipios un auténtico salvavidas contra o tsunami da España baleirada”, resaltou. Reyes Abella referiuse tamén aos integrantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés como “os principais interesados en sacarlle rendibilidade ao Camiño”, se ben matizou que “non queren ser os principais responsables da súa sobreexplotación como se se ratase dunha galiña dos ovos de ouro, porque, como todo o mundo sabe, as galiñas tamén morren”. Por iso, apelou a todas as administracións a “autoimporse deberes co obxectivo de trazar unha estratexia orientada a avanzar conxuntamente cara un Camiño Francés máis sostible e que permita aos peregrinos vivir a experiencia dunha forma máis natural e cercana á súa esencia primixenia”. “Reivindicamos un Camiño sinónimo de calma, non de présas; un Camiño de convivencia e conexión, pero tamén de introspección; un Camiño que nos ensine o sinxelas que poden ser as cousas; e un Camiño que permita aos peregrinos apreciar os milleiros de detalles dunha Galicia na que temos a sorte de vivir”, concluiu.

Sarria en Fitur / Concello de Sarria

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...