HomesociedadeQuiroga comeza a preparar a XLI Feira do Viño que se celebrará...

Quiroga comeza a preparar a XLI Feira do Viño que se celebrará os días 8 e 9 de abril

O día 20 reuniuse por primeira vez a comisión que se encargará da organización da XLI Feira do Viño de Quiroga. A data da súa celebración será como sempre en Semana Santa, os días 8 e 9 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta primeira xuntanza xa se presentaron novidades en canto a súa coordinación, polo que se presume que tamén haberá novidades no desenvolvemento da festa máis grande do municipio de Quiroga.

O Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, seguirá sendo quen se encargue da parte institucional e tamén do pregón; pero incorpóranse dous novos coordinadores. Pablo González, da adega EDV, será quen se encargue da parte vinícola do evento; mentres que José Manuel Pol, será o coordinador xeral.

A Feira do Viño de Quiroga xa deu un gran cambio na pasada edición, cando por primeira vez os adegueiros artesanais deron paso ao viño elaborado por adegas industriais da subzona Quiroga-Bibei.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...