HomesociedadeO Concello de Sarria pediralle á Confederación o arranxo da ponte...

O Concello de Sarria pediralle á Confederación o arranxo da ponte da Veiguiña

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, remitirá esta semana un escrito á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) solicitando a reparación da ponte da Veiguiña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma da ponte quedou partida a pasada fin de semana debido ao temporal e ás enchentes rexistradas no río Sarria. Tras supervisar “in situ” os danos na estrutura da ponte, que na práctica limitan o tránsito e supoñen un “risco evidente”, asegura o alcalde.

Claudio Garrido precisou que “ao tratarse dunha ponte situada dentro do dominio público hidráulico, correspóndelle reparala á Confederación Hidrográfica, que é quen ten as competencias para actuar nese ámbito.”

Ponte da Veiguiña / Concello de Sarria

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...