HomeCulturaA Pobra do Brollón celebra obradoiros para recuperar a tradición do brindo

A Pobra do Brollón celebra obradoiros para recuperar a tradición do brindo

O Concello da Pobra do Brollón inicia este venres 27 unha serie de obradoiros para aprender a arte do brindo, xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón e doutras zonas de montaña e do Bierzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os obradoiros serán a cargo de Sara Marchena e Alba María, dúas das máximas representantes da improvisación oral en Galicia na actualidade. Cada mes, haberá un obradoiro nun bar diferente do municipio. Están orientados a todos os públicos e todas as idades, con ou sen experiencia na improvisación.

O ciclo comeza este venres ás 20:15 no Bar Pirata, coa participación a maiores de dúas convidadas, Nuria Penas e Lorena Medela, pertencentes á nova xeración de regueifeiras. O mesmo venres á tarde, Sara e Alba impartirán un obradoiro no colexio da Pobra do Brollón, aínda que os nenos e nenas poderán tamén asistir ao obradoiro aberto despois no bar.

“Estes obradoiros forman parte dun conxunto de actividades que desenvolveremos ao longo do ano arredor do brindo e da improvisación oral,” comenta o “Queremos facer comunidade recuperando e traendo á contemporaneidade este patrimonio inmaterial guímaro.” O brindo tradicionalmente asóciase ás vodas, e as súas estrofas improvisadas usábanse polo xeral para o eloxio ou a homenaxe. Nos obradoiros de brindo búscase respectar a esencia e estrutura, aínda que ampliando e variando o seu ámbito de aplicación e uso.

ÚLTIMAS

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e...

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...