HomesociedadeAs Xornadas do Cocido do Porco Celta volverán celebrarse nos establecementos

As Xornadas do Cocido do Porco Celta volverán celebrarse nos establecementos

Tras a reunión celebrada na tarde deste luns, desde a Concellaría de Festas volverase contactar cos establecementos do sector para traballar na coordinación das xornadas deste ano coincidindo coas datas do Entroido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concellaría de Festas de Sarria e o sector da hostalaría acordaron hoxe continuar este ano co sistema de celebración das Xornadas do Cocido do Porco Celta nos establecementos interesados. O sistema fora implantado de forma provisional e preventiva a raíz da pandemia, en lugar de optar por un evento
multitudinario.

A decisión foi consensuada ante diferentes circunstancias persoais e profesionais que fan necesaria unha renovación no equipo organizativo e coa finalidade de garantir que todas as actividades vinculadas ao Cocido do Porco Celta manteñan a calidade das últimas edicións da festa.

As xornadas celebraranse no entroido. O goberno local traballa na organización dun evento promocional en Madrid coa finalidade de potenciar a promoción da festa para futuras edicións


ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...