HomesociedadeXa é Nadal no CC Ponte Vella de Ourense

Xa é Nadal no CC Ponte Vella de Ourense

A devandita área comercial fixo o acendido oficial da iluminación de Nadal días atrás e vén de anunciar que están cos preparativos para instalar unha pista de xeo. Ademais, durante estes días haberá importantes descontos co gallo do Black Friday,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ponte Vella deulleo pasado venres 20 de novembro a benvida ao Nadal co acendido da súa iluminación do Nadal nun acto celebrado na planta baixa do centro comercial. A cita contou coa actuación do Coro Cantiga, música de violín e outros acompañamentos que crearon un ambiente especial nesta primeira tarde de Nadal.

Este acendido marca o inicio da programación do Nadal para o Centro Comercial Ponte Vella, que en vindeiras datas ofrecerá propostas de lecer e actividades para compartir en familia. Entre as novidades desta campaña, o centro xa está a preparar a súa pista de xeo natural.

Un dos elementos decorativos Nadal 2026. Foto: C.C. Ponte Vella.
BLACK FRIDAY

Ponte Vella celebrará o Black Friday, unha das citas comerciais máis relevantes do remate de ano. Durante estes días as tendas e establecementos do centro ofrecen promocións e ofertas especiais para que os visitantes poidan anticipar as súas compras do Nadal. Ademais, este domingo 29 de novembro estará aberto.

Interior C.C. Ponte Vella coa iluminación de Nadal. Foto: C.C. Ponte Vella.

ÚLTIMAS

Murais, performance e manifestos na celebración do 25N no sur da provincia

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...

A ‘Quiroga Bike Marathon’ anuncia data para 2027

Os organizadores da "Quiroga Bike Marathon", unha das probas de MTB de referencia no...

O BNG de Monforte demanda mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil

O voceiro municipal do BNG, Emilio J. Sánchez, asegura que en distintas rúas de...

Turismo, sector primario e empresas na axenda do PP no sur da provincia

Na visita a Queserías Sarrianas, Francisco Conde, destacou a impacto desta empresa na fixación...