HomesociedadeAlumnado de Turismo do IES Río Cabe busca inspiración en FITUR

Alumnado de Turismo do IES Río Cabe busca inspiración en FITUR

Profesorado e alumnado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turística desprazouse a Madrid para visitar a Feira Internacional de Turismo co obxectivo de coñocer as últimas tendencias no sector turístico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

131 países e 755 expositores repartidos en 10 pavillóns responderon á 43ª convocatoria de FITUR. O equipo do IES Río Cabe comezou a visita en Galicia asistindo a varias presentacións de produtos, recursos e novidades.

“A aposta por consolidar a nosa Comunidade como destino de referencia resume o lema escollido, Unha viaxe enogastronómica e sostible”, destacan desde o ciclo. Presentáronse outros productos de termalismo, natureza, ecoturismo, rutas do viño, praias, festas declaradas de interese,… mostrando a imaxe de Galicia como referente en turismo sostible e de calidade.

A delegación de turismo do IES Río Cabe destaca as ganas dos profesionais do sector por recuperar a liberdade de viaxar sen restricións e destacan o interese creado en FITUR polo sector MICE -turismo de negocios- en varios destinos galegos, “con claro posicionamiento o seu favor da cidade de Ourense”.

No percorrido polos stands internacionais chamoulles a atención a promoción en Xordania da ruta cultural e de sendeirismo que homenaxea á galega Exeria, considerada a primeira muller viaxeira da historia. Unha das seccións preferidas polo alumnado foi FITURTECHY, especializada en innovación e tecnoloxía aplicada o sector turístico – realidade virtual, realidade aumentada, 360º-

A conclusión, “boas perspectivas de crecemento dun sector turístico máis focalizado na sostenibilidade económica, social e medio ambiental; na oferta de experiencias, inmersivo e a medida do cliente.”

Stand Galicia Fitur / IES Río Cabe

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...