HomeCulturaDesfile de comparsas en Quiroga, o 19 de febreiro

Desfile de comparsas en Quiroga, o 19 de febreiro

O desfile sairá ás cinco da tarde dende a rúa Piscinas para percorrer a rúa Real ata a Casa Consistorial onde rematará cun baile de disfraces e unha invitación a chocolate con churros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste concurso desfile poden participar todas as persoas que o desexen, tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando se acollan  as dúas modalidades de participación estipuladas: a Modalidade comparsa (integrada polo menos por dez membros) e a Modalidade disfrace individual (que como  máximo agrupará tres membros).

Cada participante nomeará un representante para formar parte do xurado, polo que o xurado cualificador estará composto por tantos membros coma comparsas e disfraces participen no desfile. Os integrantes do xurado despois de asistir ao desfile, valorarán a cada comparsa menos á que representa, valorarán  a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración de vestiario e a elaboración da carroza.

Para a modalidade de comparsa establécese un primeiro premio de 600 €, un segundo premio de 300 € e un terceiro  premio de 200 €. O resto das comparsas participantes recibirán 100 €. Para a modalidade de disfrace individual haberá un único premio ao mellor disfrace dotado con 60 €. Estes premios, que estarán suxeitos ao disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, entregaranse na rúa Real, diante do Concello, ao remate do desfile.

Para participar no desfile é preciso inscribirse antes do 15 de febreiro na Casa da Cultura ou na Sede electrónica do Concello de Quiroga, onde tamén se poden consultar as bases. O luns, día 20 de febreiro, os máis pequenos contarán coa súa festa de disfraces a partir das cinco da tarde no Disco Pub Yoya.

ÚLTIMAS

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...