A D.O. Ribeira Sacra sacará ao mercado viños de gran calidade despois dunha campaña de vendima que superou as espectativas en cantidade e calidade. Os últimos datos do C.R.D.O.R.S. arroxan a seguinte información a data 17 de outubro.
Variedades tintas:
- Mencía: 5.205.520 kgs
- Brancellao: 41.332 kgs
- Merenzao: 48.946 kgs
- Caíño: 28.890 kgs
- Garnacha: 282.040 kgs
- Mouratón: 6.231 kgs
- Sousón: 84.906 kgs
- Tempranillo: 50.945 kgs
Variedades brancas:
- Albariño: 74.246 kgs
- Dona Branca: 3.936 kgs
- Godello: 303.009 kgs
- Loureira: 2.543 kgs
- Torrontés: 2.835 kgs
- Treixadura: 31.101 kgs
TOTAL DE KGS RECOLLIDOS: 6.166.480
Nesta campaña elaborarán viño baixo o amparo da Denominación de Orixe 93 adegas; 5 adegas están realizando labores de vendima neste momento e 88 xa finalizaron a recolleita de uva.
José Manuel, Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Que balance se fai da vendima deste ano, que calidade ten a uva e de que depende esa calidade?
A vendima foi normal tanto en cantidade como calidade. Comezou na segunda quincena de setembro e está case rematada no Pilar, o que pasa nun ano normal. Foron algo mais de 6 millóns de quilos que eran as previsions que tiñamos ao comezo da vendima. A pesar do mal tempo deste ano que non axudou porque choveu moito nos meses de xuño e xullo, a calidade das uvas está sendo moi boa xa que o tempo da vendima foi seco e con sol polo que a uva está entrando nunhas condicións moi boas o que fai que vaia ser un ano moi bo de viño. O tempo que marca a calidade da uva é o do último mes.
Este ano cumpríronse 25 anos da creación da D.O. e fixéronse diversas actividades de promoción, de feito desde esta mesma semana pódese ver no 4° andar da Facultade de Historia, a exposición 25 anos da Ribeira Sacra, neste caso vinculada ao próximo Congreso da Auga que se vai a celebrar. Como se valora a evolución nestes 25 anos?
Esta Denominación de Orixe naceu desde 0 o que ten a súa problemática porque nace sen pasado, pero tamén ten a ventaxa de que se vai moldeando co paso dos anos sen que inflúa este pasado. Naceu só cunhas 30 adegas e agora son 96, medio millón de quilos de uva e agora temos 6 millóns 200 mil.
Antes de que se aprobase o regulamento de Viños da Terra, no 1991, o nome da Ribeira Sacra aparecía só en lugares concretos, en cambio, agora falar da Ribeira Sacra é falar dunha entidade territorial, dun espazo que todos entenden como un espazo propio e unha realidade paisaxística, cultural e ata administrativa, desde o punto de vista turístico e desde o propio Consello e todo isto débese ao sector do viño.
Ribeira Sacra funciona, cada vez máis, nos países estranxeiros, cales son os principais mercados? Tense previsto abrir novos mercados?
Estamos vendendo prácticamente en todos os países nos que venden outras D.O., Estados Unidos, países do norte de Europa, os emerxentes como China ou Xapón,… Estamos introducindo pouco a pouco os noso viños, aínda que o noso gran mercado segue sendo Galicia e ou resto de España.
É necesario facer mais plantacións ou aumentar a produción para satisfacer a demanda?
Iso depende do mercado. O feito de que haxa máis viñedo depende de que as adegas sexan capaces de vender máis viño. Véndese máis plántase máis. É cuestión de mercado. España ten sobre 5.000 adegas e 14.000 marcas de viño polo que introducirse no mercado non é sinxelo.
Que labores de promoción ten o Consello Regulador no que queda de ano?
Os últimos meses do ano sempre son unha época de promoción un pouco parada porque todas as Denominacións están coa vendima no mes de setembro. As grandes promocións comezan a partir de febreiro coas feiras tanto nacionais como internacionais e co lanzamento da nova colleita que está nas adegas.
Ribeira Sacra é viño e territorio. O lema da D.O. é Ribeira Sacra, o sabor dunha paisaxe… Como está funcionando a Ruta do Viño da Ribeira Sacra?
A Ruta de Viño é unha ferramenta para promocionar o conxunto da Ribeira Sacra tendo como elemento dinamizador o viño. É unha maneira de conxunción cos diferentes sectores como son a artesanía, a hostalería, a gastronomía, as rutas e ou viño. Unímonos para vender o territorio do mellor modo.
Cada dia a Ribeira Sacra é un destino turístico máis emerxente. A Ruta do Viño é unha ferramenta importante para que a xente se interese por coñecer a Ribeira Sacra e queira volver. Cando se comezou falábase de como lograr que a xente viñera non só unha fin de semana ou un só día, se non que se quedara máis tempo ou quixera repetir. Iso xa se consegiu, agora a xente vén a vendimar, a pasear, a descansar e a gozar da nosa gastronomía. Hai que conseguir que a xente marche contenta do noso territorio. A Ribeira Sacra é un conxunto. O máis atractivo da Ribeira Sacra son as súas paisaxes vitícolas, os canóns do Miño e do Sil, que estan pintados con viño.
Regina Viarum é a adega máis visitada de Galicia e está na Ribeira Sacra. Todo é importante e todas as actividades relevantes. A R.S. é coñecida pola súa paisaxe espectacular e por iso a xente vén aquí.