HomePolíticaCarme Aira: "É incompatible vivir no Courel e traballar fóra", polo que...

Carme Aira: “É incompatible vivir no Courel e traballar fóra”, polo que demandan melloras no transporte público

A deputada por Lugo, Carme Aira denunciou o illamento do Courel agravado polas actuais condicións das estradas e un "deficiente" transporte público que obriga ás persoas que non conducen a depender dos seus familiares ou de transporte privado nos seus traslados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pola súa parte, o Director xeral de Mobilidade da Xunta, Ignacio Maestro Saavedra negou que O Courel  careza de servizo de autobuses e frecuencias e se non hai máis é porque non existe demanda suficiente, xustificación que foi cualificada pola nacionalista de “argumento perverso” xa que se non existe demanda é porque “a Xunta non oferta o transporte público necesario” e se non hai autobuses a xente non os pode utilizar. Por outra parte afirmou que todas “as persoas que se desprazan a Quiroga deben facelo en taxi ou coche particular” por moito que a Xunta diga o contrario.

A parlamentaria do BNG insistiu nas difíciles condicións de vida en O Courel cunha poboación de elevada idade, agraria, con recursos limitados, persoas soas e  na súa maioría mulleres. Á falta  de servizos de mobilidade sumou “a falta de servizos básicos xerais para a poboación do concello tal  como se pode demostrar co censo poboacional e a perda continúa de poboación”. Podemos, dicir, afirmou a deputada que O Courel está illado por aspectos estruturais e falta de  servizos de transporte, polo tanto, “dúas veces illado”.

É incompatible vivir no Courel e traballar fóra, sinalou Aira, é  un dos motivos, “non menor”, polo que o Caurel perde poboación e non se fixa poboación nova.

“Na última campaña de vacinación puidemos constatar que a administración fíxose pensando na organizacións de persoal e vacinas pero non en achegar este servizo á poboación e as persoas maiores foron as máis prexudicadas por non contar con transporte colectivo e ter que utilizar un taxi durante  2 a 3 horas de viaxe de ida e volta e cun  custe de 70€ que representa un  gasto do 10% da súa pensión do mes”, sinala Aira.

Sobre as frecuencias dos autobuses, explicou que a saída de S.Clodio a Lugo é ás 19:55 da tarde chegando a Lugo ás 21:46, o cal só permite  pernoctar en Lugo e volver pola mañá cedo, porque a saída Lugo-S. Clodio é as  08:54 da mañá resultando imposible  realizar algunha  xestión no día.

“Para encadrar a vida no rural no século XXI debemos considerar as comunicacións, tanto telemáticas como terrestres e como dereito de todas as persoas, que viven en zonas de difícil acceso, tamén no Caurel onde non se  dan estas condicións nin no interior do concello nin nas posibilidades de saída do mesmo”. Toda esta zona suroriental ten evidentes dificultades para trasladarse en transporte público colectivo, é dicir, con rutas e horarios suficientes e a prezos asumibles. “Non hai servizos e os que hai podemos dicir que non resolven as necesidades da poboación”.

“Máis de case 50.000 persoas viven na zona sul de Lugo carecendo de servizos que deberían  ser comúns como un simple rexistro oficial, que tampouco existe. É imprescindible que reivindiquemos unha mellor dotación neste sentido porque non se vive unha vida digna sen poder comunicarse de xeito adecuado. Se queremos conservar territorios como os da alta montaña lucense é preciso investir, e O Courel xa está lonxe por isto reclamamos que non o alonxen máis”, concluíu.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...