HomeCultura"As gaitas de fol da Península e Baleares", a exposición no cárcere...

“As gaitas de fol da Península e Baleares”, a exposición no cárcere de Sarria

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro inaugurou o pasado venres en Sarria a exposición As gaitas de fol da Península e Baleares, que fai un percorrido xeográfico e histórico pola evolución deste instrumento e que poderá verse ata o 17 de febreiro no Antigo Cárcere.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra, coordinada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, acolle tipoloxías de gaitas de fol de toda a Peninsula Ibérica: asturianas, galego asturianas, leonesas, chairegas, da Galiza central, gaitas de ronquillo e gaitas de catro voces, gaitas do Baixo Miño, minhotas, coimbrãs, estremenhas, sanabresas, alistanas e trasmontanas. Tamén das Illas Baleares e de Aragón. Cada gaita leva un gran panel explicativo das súas características e réplicas ou orixinais dos tambores e bombos que as acompañaban, así como das súas palletas orixinais.

Hai expositores adicados a cada unha das idades das gaitas: Idade Antiga, Idade Media e Barroco. Nesta parte pódense ver réplicas de instrumentos moi primitivos como os aulòs do Louvre ou as pipas de Ur e outros galegos intimamente relacionados con eles. Dedicase unha parte ao desenvolvemento da gaita galega moderna, onde explicamos como nos anos 60 Basilio Carril e Olimpio Carril deron co modelo de gaita e palleta que se usan hoxe. Tamén se poden ollar as ferramentas coas que se fabricaban antigamente as gaitas de fol e tamén tódolos instrumentos que os nenos empregaban para percorrer o camiño cara á gaita dos adultos.

Unha parte desta exposición está reservada aos instrumentos femininos, pois as mulleres foron o soporte fundamental da nosa música máis cotián. Poderedes ollar réplicas de máis de vinte pandeiras, pandeiretas e adufes tradicionais. Tamén expositores adicados ao conxunto de frauta e tambor, tan presente aínda no noso arredor, e moitas máis cousas que non vos desvelamos. En total: uns 300 instrumentos musicais, entre eles máis de 50 gaitas antigas ou réplicas delas.

A inauguración da exposición completouse co concerto didáctico Música e Evolución, no que Pablo Carpintero e Rosa Sánchez afondaron a través de distintas melodías e instrumentos no significado da música como manifestación cultural esencial para os humanos.

A mostra pode visitarse de 9.15 a 14.00 horas. Tamén son posibles as visitas en grupo noutros horarios, concertando previamente nos teléfonos 982535000 ou 982530668.

Exposición gaitas / Vicepresidencia da Deputación

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...