HomeEconomíaEmpresas da Ribeira Sacra de Lugo e Ourense únense para impulsar económicamente...

Empresas da Ribeira Sacra de Lugo e Ourense únense para impulsar económicamente o territorio

O Centro do Viño de Monforte acollía este martes pola tarde a presentación de Ribeira Sacra Next AIE. A iniciativa pretende unir aos colectivos empresariais da Ribeira Sacra, entendendo o territorio como unión das provincias de Lugo e Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As empresas promotoras desta Agrupación consideran a Ribeira Sacra un territorio diferente e diferencial, con infinidade de posibilidades, pero tamén carencias. Entre as carencias destacan a falta dun colectivo empresarial que contribúa a mellorar os resultados da actividade do conxunto das empresas radicadas neste territorio. Tamén consideran unha limitación a visión separada do territorio Ribeira Sacra entre as provincias de Ourense e Lugo.

Con todo, propoñen esta agrupación de empresarios das dúas provincias para que desenvolva actividades auxiliares de toda índole que complementen as que desenvolven os seus socios como emprensas individuais.

“Apostamos pola constitución dunha agrupación de empresas que defina os intereses do territorio en clave empresarial e social e que poña os medios para acadar os obxectivos plantexados”, aseguran. Como finalidade da AIE, sinalan:

  1. Dende unha perspectiva claramente empresarial, contribuir ao desenvolvemento socioeconómico sustentable do Territorio Ribeira Sacra, aproveitando as sinerxias empresariais a través da valorización dos recursos socioeconómicos, poñendo no centro ás persoas, o medio ambiente, o territorio e a innovación.
  2. Servir de interlocutor coa Administración e Colectivos de diversa índole.
  3. Cooperar con outros territorios diferenciados.
  4. Facilitar o acceso aos diferentes Fondos Europeos, que redunden no desenvolvemento da zona e en mellorar a competitividade do seu tecido produtivo.
  5. Crear un Nodo Tecnolóxico para a prestación de servizos e mellorar o posicionamento global do territorio Ribeira Sacra.

Á Ribeira Sacra Next AIE poderá pertencer calquera empresa que estea ubicada nun dos concellos da Ribeira Sacra. Poderase participar dalgunha das seguintes formas:

  1. Como Socio: Formando parte da mesma e polo tanto con dereito a voz e voto.
  2. Como Colaborador: Formando  parte da mesma pero sen dereito a voto.

Inicios e futuro

O día 4 de xaneiro creouse a agrupación ante notario, “por rapidez e operatividade, fíxose con 4 empresas”: Manuel Dacosta de Galega de Investimentos e Proxectos; Alberto Vázquez Cabo de CTGalega, Manuel Fernández de Gourmet Ribeira Sacra e Óscar González de Casa do Curuxo; actuando como secretario, pola longa traxectoria en iniciativas de emprendemento empresarial, Severino Rodríguez de Trámite Asesores.

Manuel Dacosta destacaba na presentación, “Os empresarios son os que van marcar a ruta. Confiamos firmemente neste territorio, pero cremos que parte dos esforzos se perden pola dispersión e a falta de unidade. A Agrupación é 100% empresarial, 100% económica para beneficiar a un territorio que nos beneficiará a todos. Desde a unión poderemos facer máis presión e posicionarnos no futuro a través do Nodo Tecnolóxico que colocalará á Ribeira Sacra en todas as partes do mundo desde o sector empresarial”.

Ribeira Sacra Next AIE presentación / RS Next AIE

Ata o momento están inscritas na Agrupación Empresarial Ribeira Sacra, ademais das empresas que asinaron a constitución, unha vintena de empresas: Adegas Moure, Airas Moniz, A Despensa Galega, Casa do Muros, Centro de Día Vitaxer Monforte, Curgal, Curtidos Coiro, Dalia Sistemas, Eduardo Cid, Frutas As Cumbres, Galletas Daveiga, Iberik Augas Santas, Lincold Ibérica, Manuel Bistró, Oviganic Ibérica, Rubén Moure, Tecnagi, Trespés

Foi hai 8 meses que despois do contacto con varios empresarios de Madrid e Vigo para facer “cousas interesantes na Ribeira Sacra” comezouse a traballar no proxecto. Lévanse celebrado ducias de reunións con concellos, administración autonómica e provincial, ademais de con outros colectivos para dar a coñecer a iniciativa, unha Agrupación na que primen o territorio e os intereses económicos e empresariais.

O día 16 de febreiro no Ateneo Casino de Monforte ás 20.00h presentarase Ribeira Sacra Next AIE ante o sector empresarial, nun acto aberto a calquer empresa da Ribeira Sacra. Animan á participación para entre o “tecido empresarial avanzar unidos polo territorio, senon o futuro cómenos”.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...