HomeDeportesMellora da iluminación do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela

Mellora da iluminación do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela

800.000€ leva investidos o concello en instalacións deportivas ós que hai que engadir o novo proxecto de reforma integral do polideportivo municipal da Pinguela cun orzamento de case 4.000.000€ e que foi aprobado no último pleno municipal sen o apoio da oposición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta actuación mellórase o nivel de iluminación do terreo de xogo e das pistas de atletismo coa instalación de 8 novos proxectores led de 1000 vatios cada un, 2 en cada torre de iluminación. O número total de focos pasa de 16 a 24, conseguindo deste xeito pasar dun nivel de iluminación de 150 a 250 lux , case o dobre do que había antes desta intervención, o que equivale a un nivel II de iluminación segundo os criterios da norma UNE 12193-2020 de iluminación de instalacións deportivas.

Ademais, a grada de público, que ata o de agora non tiña iluminación exterior, pasa a estar dotada con 32 pantallas led de 30 vatios cada unha, que garanten un máis que adecuado nivel de luminosidade. A empresa encargada de realizar a obra foi CYME Santos Héctor S.L. con un investimento total de 45.275,01 €

O Alcalde considera “prioritarios todos estes investimentos tanto en infraestruturas como en mellora dos servizos que contribúen a aumentar a calidade de vida dos veciños ó tempo que axudan ó coidado e respecto polo medio ambiente  e supoñen un gran aforro enerxético para as arcas municipais”. Jose Tomé afirma que “con todas as melloras feitas e as que están a punto de comezar, dotamos a Monforte dunhas instalacións deportivas o nivel que merece a nosa cidade e proporcionamos a todos os amantes do deporte unhas infraestruturas seguras, eficientes e en condicións óptimas de utilización”

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...