HomesociedadeO IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

Cinco alumnos de bacharelato do IES Río Cabe de Monforte de Lemos (Javier de la Iglesia Fernández, Estefanía Fernández Muñoz, Anxo González Rodríguez, Cristian López Rodríguez e Miguel Rois García) acaban de clasificarse para a final deste concurso a nivel nacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores) e o Ministerio de Economía. A gran final que se celebrará o luns, 5 de outubro, coincide co Día da Educación Financeira. Os coñecementos adquiridos polo alumnado póñense a proba mediante un concurso de preguntas e respostas sobre cuestións económicas e financeiras, mediante a celebración de distintas fases eliminatorias: as primeiras delas foron on-line o curso pasado e as restantes presencialmente en distintas sucursais do Banco de España ou na sede da CNMV.

A final será o acto principal, que terá lugar no Palacio da Bolsa en Madrid e poderá presenciarse en directo vía streaming a través da páxina creada ao efecto para celebrar o Día da Educación Financeira.

“Pase o que pase na final, o éxito do alumnado do IES Río Cabe é absoluto”, animan desde o IES Río Cabe. Os premios consisten en 3.000 euros (para o gañador) e 1.500 euros (para o finalista) en material escolar, unha tablet para cada alumno/a dos dous equipos finalistas e unha visita cultural ao Banco de España, á Cámara de Oro e ao Palacio da Bolsa para os dous equipos que lograron chegar a esta final.

Alumnado IES Río Cabe no Concurso de Coñecementos Financieros

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...