HomePolíticaHADO para o municipio, piden os socialistas do Incio

HADO para o municipio, piden os socialistas do Incio

A hospitalización a domicilio (HADO), presta asistencia a pacientes que, polas súas características ou polas doenzas que padecen e o estado avanzado da súa enfermidade, necesitarían ingreso hospitalario pero prefiren permanecer no seu domicilio onde os profesionais sanitarios subministran os mesmos coidados e as atencións que nun ingreso hospitario convencional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ingreso en HADO supón un aforro dos custes sanitarios e uns coidados personalizados e individualizados para o paciente, pois reciben a mesma atención ca no hospital sen saír da súa casa, mellorando a súa calidade de vida. Poder comer a súa comida, estar no seu entorno, son coidados especiais que non poden ter nun hospital cun réxime que restrinxe horarios e visitas.

Os socialistas lamentan que a pesar destas ventaxas, a día de hoxe os veciños e veciñas do Incio non teñen acceso a esta prestación asistencial. “O que os sitúa nunha clara discriminación en relación de concellos limítrofes que sI dispoñen desta prestación como Sarria, Paradela ou A Pobra do Brollón”.

“Non é de recibo que a Xunta de Galicia trate os veciños en primeira e segunda categoría nin moito menos que as prestacións médicas se outorguen dependendo do concello no que un resida”, así os socialistas presentarán ao proximo pleno, unha moción para instar ao Sergas a que estenda o servizo de HADO ao municipio do Incio.


ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...