HomeCulturaSuspendida a obra de teatro deste xoves en Monforte

Suspendida a obra de teatro deste xoves en Monforte

O Concello de Monforte anunciou a necesidade de suspender a representación da obra de teatro "A louca historia de Galicia" que estaba prevista para este xoves, día 16 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2023 en Monforte de Lemos verase alterada ao ter que suspender a representación que estaba prevista para o 16 de febreiro.

Responsables da compañía Fulano, Mengano e Citano veñen de anunciar a necesidade imperiosa de suspender a función da súa obra “A louca historia de Galicia” en Monforte co cal haberá que esperar a unha data futura para recuperar a programación da mesma.

O resto da programación seguirá a desenvolverse da forma prevista e anunciada xa dende o Concello. A vindeira cita co teatro en Monforte terá lugar o día 9 de marzo da man de Olivas Negras coa obra “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva”.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...