Co inicio deste pintado iníciase o plan de mantemento da vila quiroguesa no que se realizará unha limpeza en profundidade das beirarrúas da zona central da vila, na que se investirán preto de 20.000 euros e tamén a mellora dos elementos urbanos que están en mal estado. A mellora dos elementos urbanos levarase a cabo nas rúa Caurel, Tallos, Pereiro, Campo da Feira e Ánxel Fole. Tamén se inclúen o parque da Igrexa, o parque da praza España, a praza Maior e os xardíns da rúa Rosalía de Castro.
Ademais, os GES do concello están levando a cabo o pintado da sinalización horizontal das beirarrúas.
Os traballos de mellora consistirán basicamente en limpeza e pintado de papeleiras e xardineiras ou a substitución das que se atopen máis deterioradas, limpeza de bancos de formigón e pintado dos de madeira, pintado e substitución de cristais nas farois e retirada de bancos ou mobiliario que entorpecen a circulación polas beirarrúas para situalos noutros lugares, como sería o caso da rúa Real á altura da gasolineira.
Tamén se contempla a mellora da iluminación da fachada da casa consistorial, iluminación para o parque infantil da praza de España, substitución da sinalización da rúa Real que o precise e a colocación dun tramo de beirarrúa na rúa Campo da Feira. Para a realización deste Plan de Mantemento da Vila de Quiroga, que se levará a cabo nun prazo de dous meses, o concello conta cun orzamento de 48.300 €. Desde o concello aseguran que estes traballos deberían estar rematados a principios do mes de abril, coincidindo coa celebración da XL Feira do Viño de Quiroga.
