HomesociedadeUn veciño de Sober, premiado no Concurso de Disfraces de Arzúa

Un veciño de Sober, premiado no Concurso de Disfraces de Arzúa

Chegado deste concello, Iván Armesto, levou un premio na categoría de disfraces adultos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado domingo 12 de febreiro, o Concello de Arzúa celebraba o seu ‘Concurso de Disfraces’, unha actividade que está collendo bastante repercusión e que atrae participantes de toda Galicia.

O nivel de creatividade é cada ano maior e o concurso celébrase no Multiusos Terra do Queixo cunha gala na que se van dando a coñecer os diferentes disfraces, en formato colectivo e individual, para que despois un xurado escolla aos mellores que levarán diferentes premios. A presentación correu nesta edición a cargo do humorista local Xan Veiga.

Nesta edición participaba un veciño de Sober, Iván Armesto. Fíxoo na categoría de disfraz individual adulto e levou un premio de 120 € pola súa creación “O león e o seu domador”.

No Galicia Confidencial inclúen información máis detallada deste evento.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...