HomePolíticaConstituído oficialmente Independentes por Quiroga (IxQ)

Constituído oficialmente Independentes por Quiroga (IxQ)

Dende o pasado día 2 de febreiro o partido posto en marcha polo ex-concelleiro, José Luis Rivera, Independentes por Quiroga, é unha realidade, unha vez inscrito no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio de Interior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rivera anunciou de maneira oficial que concurrirá as eleccións do próximo mes de maio como cabeza de lista de IxQ, declarou estar “moi ilusionado” e “saír a por todas”. Nas próximas semanas anunciará as persoas que o acompañan na candidatura, “todas persoas coñecidas, con solvencia e preparadas para gobernar e darlle un cambio de rumbo a Quiroga.”

Tamén están traballando nun programa electoral atractivo. “Quiroga foi un referente e agora vai costa abaixo e sen freos” dixo Rivera, para finalizar “somos a única alternativa solvente de goberno”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...