HomesociedadePladesapu asesora nas reclamacións por falta de rehabilitación no Hospital de Monforte

Pladesapu asesora nas reclamacións por falta de rehabilitación no Hospital de Monforte

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) segue coa súa actividade tralo éxito da concentración convocada o pasado día 6 e da manifestación en Santiago do día 12.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mércores, 15 de febreiro, o colectivo comezou coas axudas para poñer as reclamacións pertinentes pola situación do servizo de rehabilitación do Hospital Comarcal de Monforte, que carece de médico rehabilitador desde hai varios meses.

Segundo Pladesapu, varias persoas beneficiáronse xa do servizo de asesoría que brinda a plataforma, “poñendo reclamacións por comezar a rehabilitación sen ser evaluado por ningún médico rehabilitador, e nalgún caso incluso demorando a rehabilitación ata case dous meses despois da ciruxía, véndose obrigados así a acudir a sanidade privada.”

Lembran que están a dispor para asesoramento e outras xestións e reclamacións todos os mércores de 17 a 18h na aula 1 da UNED da Casa da Cultura de Monforte. Pódese contactar tamén por Facebook e Instagram e no correo pladesapumonforte@gmail.com

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...