HomeDeportesAberto o prazo de inscrición na Carreira Popular de Monforte

Aberto o prazo de inscrición na Carreira Popular de Monforte

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcurrirá polas rúas mais céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías inferiores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As persoas interesadas en participar pódense inscribir na páxina web do Concello ou na plataforma de inscricións www.ccnorte.com de forma totalmente gratuita. Desde o pasado ano o Concello de Monforte conta coa páxina web www.monforte10k.com diseñada específicamente para promocionar e informar sobre a cita, conta toda a información do evento e para poder realizar as inscricións, pódense consultar informacións de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.).

O percorrido da carreira absoluta é o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

Trátase dun percorrido de 5 km. ó que os participantes terán que dar dúas voltas. Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.

Os premios que se establecen para os/as mellores atletas de cada categoría son os seguintes:

  • Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.
  • Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo.
  • Premios económicos de 300, 200 e 100€ para os tres primeiros clasificados tanto en mulleres como en homes da categoría absoluta
  • Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as en Monforte).
  • Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).

Os centros educativos de Monforte teñen a opción de realizar a inscrición colectiva ata o martes 21 de marzo. Deste xeito o Concello entregará os dorsais dos alumnos participantes ao centro educativo con antelación. Para evitar masificacións o día da carreira, a entrega de dorsais dos/das paraa atletas individuais, realizarase por adiantado nos seguintes puntos de recollida:

•   Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía):

–   Venres 31 de marzo: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

–   Sábado 1 de abril: de 9:00 a 14:00 h.

•   Puntos de recollida fora de Monforte: haberá 6 puntos de recollida fora de Monforte e espallados polas catro provincias para facilitar a recollida do dorsal a todas as persoas participantes que non vivan en Monforte.

•   Envío do dorsal a domicilio

Será necesario indicar o punto de recollida do dorsal durante o procedemento de inscrición.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...