HomesociedadeApróbase o proxecto de ordenación produtiva da aldea modelo de Proendos en...

Apróbase o proxecto de ordenación produtiva da aldea modelo de Proendos en Sober

O obxectivo principal das aldeas modelo é devolver á produción terras con boa aptitude agronómica que se atopen en estado de abandono ou infrautilización. Búscase impulsar nova actividade económica agroforestal que non só fixe poboación e xere riqueza, senón que tamén reduza o risco de incendios forestais e mellore a calidade de vida dos veciños destes núcleos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres, 24 de febreiro, as resolucións polas que se aproban os proxectos de ordenación produtiva das aldeas modelo de Covelo, no concello de Taboadela, en Ourense; de Francos de Proendos, no concello de Sober, en Lugo; e da de Mouteira-Parada, no concello de Cerdedo-Cotobade, en Pontevedra.

Na aldea modelo de Francos de Proendos, en Sober, establécese como actividade principal os cultivos de ciclo curto na zona central da aldea e gandaría en extensivo en case todo o seu perímetro, xa que existen amplas superficies poboadas con especies de frondosas autóctonas caducifolias a protexer, como o carballo galego ou o castiñeiro. Tamén se contempla a posibilidade de levar a cabo aproveitamento apícola. Como actividade secundaria, valórase a plantación de árbores froiteiras e os cultivos agrícolas.

Desde a entrada en vigor da Lei de recuperación -en maio de 2021- arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria, correspondentes a 21 polígonos agroforestais, a 21 aldeas modelo e a permutas impulsadas no concello de Friol, na provincia de Lugo. Ademais, a Consellería do Medio Rural destina neste 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca 2022. Deste motante, uns 4,4 millóns serán para actuacións en polígonos agroforestais e aldeas modelo.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...