HomeComarca de SarriaSarriaVotorantim Cimentos, con presenza en Oural, pecha un acordo con Acciona Enerxía

Votorantim Cimentos, con presenza en Oural, pecha un acordo con Acciona Enerxía

A empresa vén de pechar un contrato de subministración eléctrica procedente de fontes renovables con Acciona Enerxía para satisfacer o 19% das súas necesidades enerxéticas na fabricación de cemento en España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acordo entre Votorantim Cimentos e Acciona Enerxía ten unha vixencia de 10 anos e súmase a outro rubricado coas mesmas compañías para o período 2024-2033 e que representa o 6% do consumo eléctrico da compañía cementeira. O contrato formalizouse a través de Fortia, plataforma de xestión da enerxía para grandes consumidores industriais.

A enerxía 100% renovable procederá das instalacións de Acciona Enerxía e abastecerá ás seis fábricas de cemento que Votorantim Cimentos ten en España, unha delas en Oural, no Concello de Sarria, axudando a descarbonizar a súa actividade. O uso deste 25% de enerxía limpa supón unha redución de 6.400 toneladas de emisións de CO2 anuais á atmosfera, que equivalen ás que emiten 4.500 coches en circulación durante un ano.

Esta iniciativa está en liña cos obxectivos 2030 da compañía cementeira, que prevé que nesa data o 50% do consumo eléctrico das súas instalacións proceda de enerxías limpas. Segundo Juan Aguilera, director Industrial de Votorantim Cimentos “Temos ante nós a posibilidade de contribuír amplamente á transición ecolóxica. O consumo e a produción responsables son indispensables para lograr un desenvolvemento sostible. En Votorantim Cimentos traballamos para incrementar as nosas solucións sostibles, como o uso de enerxías limpas, e ampliar o uso de materias primas e combustibles alternativos no noso proceso de fabricación”.

VOTORANTIM CEMENTOS

Esta multinacional brasileña de materiais de construción e solucións sostibles conta con máis de 12.000 empregados e a súa carteira de materiais de construción inclúe cemento, formigón, morteiros e áridos. Tamén posúe negocios nas áreas de produtos para uso agrícola, xestión de residuos e coprocesamiento. As súas operacións están estratexicamente situadas preto dos mercados en crecemento máis importantes, en once países: Brasil, Arxentina, Bolivia, Canadá, Luxemburgo, Marrocos, Tunes, Turquía, España, Estados Unidos e Uruguai.

Votorantim Cimentos está presente en España coas marcas Cemento Cosmos, Cemento Teide, Cementos Balboa, Prebetong Áridos, Prebetong Formigóns e Morteiros Pulmor e conta con fábricas de cemento en Alconera (Badaxoz), Córdoba, Málaga, Niebla (Huelva), Oural (Sarria / Lugo) e Toral dos Vaos (León); moendas de cemento en Tenerife e Bobadilla (Málaga); plantas de formigón, unha planta de morteiro e explotacións de áridos situadas en Andalucía, Canarias, Castela e León, Extremadura e Galicia.

ÚLTIMAS

Concentación o 19 de decembro no Centro de Saúde de Chantada pola redución da atención primaria

A plataforma veciñal Chantada quere Sanidade convoca a concentración do venres, 19 de decembro,...

Courel Vivo leva a pleno solicitar Servizo de Hospitalización a Domicilio

O Hospital Comarcal de Monforte ofrece HADO desde 2016 cun único equipo composto por...

58.000€ para a mellora de seis locais sociais en Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou os inmobles das asociacións Ajuilaouca e...

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...