HomePolíticaO PSOE leva á Deputación unha moción para que a Xunta arranxe...

O PSOE leva á Deputación unha moción para que a Xunta arranxe a LU-651 en Folgoso do Courel

O Grupo Socialista da Deputación de Lugo denuncia “a desidia, os atrasos e as mentiras do PP” en torno a situación das estradas da Xunta no concello de Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas levarán ao pleno deste martes unha moción na que instan ao Goberno galego a arranxar a estrada autonómica LU-651, no tramo de Folgoso a Quiroga, afundida hai case un ano, para mellorar o seu trazado e dotala dos muros de contención e elementos de sinalización e seguridade propios dunha vía das súas características.

Na mesma moción, o Partido Socialista demanda así mesmo á Xunta o acondicionamento e ampliación da estrada entre Seoane e Folgoso do Courel, “que leva pendente, bloqueada e sen executar dende fai mais dunha década, para mellorar as conexións e a cohesión territorial da provincia de Lugo”.

Os socialistas advirten de que a situación da LU-651 “é un bo exemplo da desidia, a mala xestión e a dobre vara de medir do PP no que respecta ás infraestruturas viarias da nosa provincia. A mediados deste mes de febreiro coñecíamos os efectos dos temporais dos meses de decembro e xaneiro, que a Xunta non dera a coñecer antes. A mala situación detectada nos quilómetros 18, 28 e 29 están a precisar novas obras de reparación, con cortes que obrigan ós vehículos pesados a facer un trazado alternativo cun rodeo de 30km, coas molestias e o incremento de custe que isto supón”.

Dende o PSdeG inciden en que a “actual situación pon de manifesto que a Xunta non fai as obras de mantemento precisas para garantir o bo estado das súas estradas, nin actúa con dilixencia cando se producen deterioros graves.”

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...