HomeMedio ambiente e PatrimonioLocalizan unha vertedura de xurro no río Asma ao seu paso polo...

Localizan unha vertedura de xurro no río Asma ao seu paso polo Concello de Carballedo

A extensión da mancha fixo necesarias a toma de medidas preventivas e de control.

Publicado o

- Advertisement -

Unha vertedura de xurro no río Asma, ao seu paso polo municipio lucense de Carballedo, obrigou ás autoridades a activar os mecanismos de protección necesarios para evitar que afecte a subministración de auga.

Segundo confirmou o 112, a vertedura non alcanzou a zona que o municipio veciño de Chantada emprega para a subministración de auga, pero a extensión da mancha fixo necesarias a toma de medidas preventivas e de control.

Tras a chamada dun particular, que deu aviso desta vertedura sobre as 18,30 horas do luns, o 112 informou os feitos ao Concello de Carballedo, onde se orixinou a vertedura, e ao de Chantada, para que adoptasen as medidas de prevención e realizasen as comprobacións necesarias para garantir a correcta subministración de auga á poboación.

Ante esta situación, tamén se mobilizou aos axentes da Garda Civil e da Policía Autonómica, así como ás autoridades ambientais da Xunta e ao persoal da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballedo.

ÚLTIMAS

Segredos de Pantón organiza unha andaina cultural

A asociación cultural Segredos de Pantón anuncia unha nova actividade para comezos de decembro....

Ata o 30 de novembro pódese participar no Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo

A campaña desenvólve ata o 30 de novembro, polo que a cidadanía aínda está...

Por Chantada reclama garantías sobre a calidade da auga de consumo

Por Chantada vén realizando distintas xestións para coñecer con maior precisión a situación da...

Cita co Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia en Monforte e Ribas de Sil esta fin de semana

A casa do concello de Ribas de Sil acolle este sábado, 28 de novembro,...