HomesociedadeFolgoso do Courel propón dedicar un vehículo municipal ao traslado de citas...

Folgoso do Courel propón dedicar un vehículo municipal ao traslado de citas médicas fóra do municipio

O Pleno do Concello de Folgoso do Courel aprobará este venres unha Proposta de Alcaldía para que se habilite o vehículo municipal todo terreo con persoal do Concello para que as persoa que o precisen poidan acudir con regularidade ás citas médicas concertadas co SERGAS.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para levar a cabo esta proposta será necesaria a coordinación interprofesional entre o persoal sanitario dos centros de saúde e os Servizos Sociais Comunitarios do Concello, para definir a necesidade de acudir ás consultas médicas fóra do municipio e que esa persoa non conta coa capacidade económica suficiente para facer fronte ao gasto en desprazamento.

A rexedora, Lola Castro, recorda que o Concello de Folgoso do Courel adquiriu un vehículo todo terreo ao abeiro do Convenio interadministrativo entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel. “A finalidade última desta dotación é cubrir servizos sociais de primeira necesidade á poboación do Concello satisfacendo a necesidade de mobilidade de persoal do Concello para efectuar diferentes servizos e así prestar un servizo de calidade e deste xeito dar resposta ás necesidades da cidadanía”, sinala.

A alcaldesa explica que xa existe un Convenio de colaboración co Servizo Galego de Saúde para a realización de actuacións de mellora á cronicidade na asistencia sanitaria á veciñanza do municipio polo que o concelo por a disposición do persoal do SERGAS que desempeña a súa labor diaria nos centros de saúde do municipio un vehículo de titularidade municipal para a prestación do servizo de atención domiciliaria a persoas enfermas crónicas.

“Tense detectado que algún veciño ou veciña non acude ás consultas médicas de especialistas por non dispoñer de vehículo propio para realizar o desprazamento, non podendo asumir o custe do transporte privado por non dispor da capacidade económica necesaria. De aí a importancia desta proposta que se aprobará no Pleno de hoxe”, conclúe a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...