HomesociedadeQuiroga estrea Biblioteca na rúa

Quiroga estrea Biblioteca na rúa

Quiroga conta desde este venres cun novo servizo de lecer, Biblioteca na Rúa. Este servizo consiste nun habitáculo que contén libros para que os poidan ler todos os usuarios e tamén para que quen o desexe, poida depositar os seus libros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na capitalidade municipal cóntase con dous destes habitáculos, un situado no parque da Constitución e o outro na praza do Toural, por ser lugares dos máis utilizados para o descanso dos veciños; especialmente por ser zona de espera e vixilancia dos xogos dos máis pequenos.

As casetas de Biblioteca na Rúa van dotadas duns cantos libros de literatura infantil, xuvenil e adulta, maioritariamente novela, destacando a novela de ficción. Despois serán os propios usuarios os que, si o desexan, vaian depositando outros exemplares para compartir cos demais afeccionados á lectura. A xestión é responsabilidade dos usurarios polo que se pide respecto para o material e que non se utilice como almacenamento dos libros que molestan na casa.

Con esta iniciativa, en palabras do rexedor local, Julio Álvarez, “créase un complemento máis para os espazos de lecer á vez que se saca a cultura á rúa”.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...