HomesociedadeObradoiros de iniciación á artesanía a partir do 13 de marzo en...

Obradoiros de iniciación á artesanía a partir do 13 de marzo en Monforte

O Concello de Monforte pon en marcha unha nova iniciativa para poñer en valor e dar a coñecer os oficios tradicionais coa intención de xerar interese na poboación e fomentar que xurdan posibles novos artesáns, aprendendo disciplinas tradicionais da man dun profesional que domine a técnica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte ofrece un programa de obradoiros de artesanía nos que os técnicos do sector artesán poderán transmitir o seu arte e axudar a comunicar o valor engadido dos produtos de artesanía. Os obradoiros terán lugar no Local social de Ribas Altas, de Piñeira e na Praza de Abastos de Monforte, dependendo do número de inscricións e demanda dos mesmos e os horarios poderán ser de mañá ( de 10 a 12:30) ou de tarde (de 16:30 a 19) segundo o número de inscritos e as preferencias que teñan os participantes. En todo caso, trataríase sempre de 2 ou 3 días á semana e dúas horas e media cada día de curso.

A data de inicio será a partir do 13 de marzo e as persoas interesadas teñen de prazo ata o 15 deste mesmo mes para poder inscribirse. Organizaranse grupos en función das idades pero tamén interxeneracionais. Coa participación nestes obradoiros elaboraranse complementos para a Feira Medieval. Impartirase:

  • Costura creativa
  • Cestería
  • Pintura
  • Cosmética natural
  • Barro

Estos obradoiros son realizados ao abeiro do proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” Programa Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241. AGADIC.

As persoas interesadas deben contactar coa oficina: Promoción económica- Casitas Compañía Monforte. Para poder inscribirse poden chamar por teléfono aos números:  698181551/982884775 ou ben a través do correo electrónico coa dirección:  Emprego_pe@concellodemonforte.com

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...