HomeEconomíaFolgoso do Courel aproba un orzamento de 1.243.800€ "co foco no gasto...

Folgoso do Courel aproba un orzamento de 1.243.800€ “co foco no gasto social e investimentos reais”, asegura a alcaldesa

O Concello de Folgoso do Courel aprobou coa abstención da oposición os Orzamentos municipais para 2023, que este ano ascenden a 1.243.800 euros. A rexedora, Lola Castro, destaca que se trata duns orzamentos "realistas, que poñen o foco no gasto social e nos investimentos reais".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A diferenza con respecto ao orzamento do ano pasado, que foi de 1,3 millóns de euros, “débese á espera de confirmación de varias subvencións solicitadas polo Concello que incrementarán as contas unha vez que fosen concedidas. Entre estas axudas figuran as subvencións para financiar os talleres de emprego, para custear melloras nas redes de abastecemento de augas, sumidoiros e camiños municipais, e para organizar actividades culturais e deportivas, entre outras”, sinalan desde o concello.

Do total do orzamento, 742.147 euros destínanse a gastos de persoal, con subas iguais para todos os traballadores e traballadoras do concello. Os gastos en bens correntes e servizos supoñen 301.332 euros, mentres que os investimentos reais ascenden a 199.919 euros para abastecemento domiciliario de auga potable, estradas, camiños veciñas e outros investimentos de reposición de infraestruturas e bens destinados a uso xeral.

Vanse destinar 35.883 euros a muros de contención en estradas municipais, 29.683 euros ao camiño de acceso ao depósito de auga de Folgoso, 28.993 euros á estrada de acceso a Ferreirós de Arriba, 28.573 euros ao abastecemento e saneamento de Millares, 24.494 euros ao abastecemento de Liñariños e O Carbedo, 24.144 euros á reparación de camiños forestais de acceso Á Campa e núcleo rural de Froxán, 18.577 euros á pavimentación con pedras de cahapacuña en Froxán e 9.568 euros ao arranxo da Fonte de Vilar.

Desde o concello destacan a baixada dos ingresos a percibir pola participación do Concello nos tributos do Estado, “o cal reduce de forma relevante as posibilidades de gasto da administración local. Isto, ao igual que en exercicios pasados, é consecuencia da regularización catastral producida no termo municipal no ano 2016, o cal á súa vez vén producindo que as liquidacións dos exercicios seguintes resultan negativas.”

Axuda no Fogar

En relación coas prazas de auxiliares de axuda no fogar (SAF) “efectuouse unha dotación orzamentaria real e axeitada ás necesidades de crédito que seguramente sexa preciso empregar ao longo do exercicio con motivos das situacións de incapacidade temporal que xa existen dende hai tempo e das que se veñen producindo nos últimos meses”, sinala o equipo de goberno.

Ao respecto do SAF, C@urel Vivo levaba tamén a este pleno unha moción para mellorar as condicións laborais das traballadoras.

ÚLTIMAS

“A creatividade é algo que se contaxia cando se comparte con paixón”, Ana e Noel, artesáns de Cristosende

Ana e Noel son unha parella de Vigo que chegou a Cristosende, no Concello...

A Ribeira Sacra salva a Semana Santa a pesar da climatoloxía

Nos días previos superouse a ocupación de 2024. Nos días centrais, a porcentaxe baixaba...

Chantada celebra o 26 de abril o III Festival de Charangas

A cita pensada para ofrecer novas actividades de lecer para todo tipo de públicos...

Ensaio en Quiroga para combater as herbas de viñas e oliveirais con ovellas e robots desbrozadores

O obxectivo final é atopar unha alternativa aos métodos actuais, é dicir, a aplicación...