HomesociedadePreséntanse o cartel e o vídeo da XIX Feira Medieval de Monforte

Preséntanse o cartel e o vídeo da XIX Feira Medieval de Monforte

O Alcalde dá a coñecer o Cartel e o vídeo promocional da Feira Medieval de Monforte de Lemos que vai ter lugar os vindeiros 8 e 9 de Abril. Estes son dous elementos fundamentais para a promoción da que será a edición número XIX desta cita que se puido recuperar o ano pasado logo de dous anos de ausencia motivado pola pandemia da Covid 19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois destes tempos difíciles onde a pandemia alterou o cronograma da Feira Medieval para acadar as XX edicións, haberá que esperar ao próximo ano 2024.

O cartel da XIX Edición da Feira Medieval de Monforte foi deseñado polo monfortino Xosé Carlos Quiroga conxugando varios elementos centrais da feira como son a TAU, A Torre da nosa Muralla Medieval, armaduras e xustas medievais, “que transmiten toda a forza dos defensores da Fortaleza de San Vicente do Pino, recuperando esta imaxe para a Feira Medieval”.

Vaise distribuír por toda a cidade de Monforte pero tamén por toda Galicia a través dunha empresa contratada ao efecto, poñendo especial fincapé nos próximos eventos que vai haber na nosa comarca como é a Feira do Viño de Chantada e a Feira de Amandi en Sober.

O segundo elemento é o vídeo promocional para este ano 2023, que circulará polas redes sociais, no mupi da Rúa Cardenal, na páxina web do Concello e en diferentes soportes dixitais tratando de acadar a máxima difusión posible deste evento, que está a piques de chegar á XX edición o que permitiría solicitar da Xunta de Galicia a Declaración de Feira de Interese Turístico Galego.

“Co vídeo promocional queremos celebrar a volta á normalidade continua da Feira Medieval e celebrar novamente esa normalidade que se nos arrebatou fai 3 anos. Dende o Concello entendemos que celebrar a Feira, equivale a celebrar a vida, porque iso é o que toca agora tal como destaca o audiovisual, toca vibrar todos xuntos coas actividades da Feira”, sinala o alcalde.

O vídeo corporativo que se propón este ano foi novamente feito pola produtora monfortina Amanita Studio. A proposta xira en torno a un rei que afouta ó seu pobo a unirse a unha das festividades máis importantes que se celebra en Monforte de Lemos. Coa súa impoñente voz vai guiando ó espectador nun crescendo de ritmo, vivacidade e epicidade coma non se vira en pasadas propostas.

O actor que dá vida ó rei é Borja Luna, un dos actores máis importantes do panorama español (Las chicas del Cable, Animales sin Collar ou Salvajes). A rodaxe tivo lugar no emblemático  interior do Colexio dos Escolapios, cabe destacar tamén a aportación de Pedro A. Valderrey que colabora aportando todo o vestiario. A música foi realizada polo compositor asturiano Pedro Acevedo.

Pero a proposta deste ano é, sobre todo unha proposta adicada ás persoas que tal e como afirmou Tomé “son a razón principal pola que cada ano traballamos para mellorar a Feira Medieval e converternos nunha das celebracións mais esperadas do ano, tanto en Monforte como na Ribeira Sacra”.

Unha boa mostra de que o traballo de promoción que se fixo dende o Equipo de Goberno deu bos resultados é que este ano hai mais de 150 solicitudes para a instalación de postos o que supón un número moi alto en relación con eventos doutras cidades, sendo o mais elevado de todas as edicións anteriores da Feira Medieval de Monforte.

Outro elemento importante de promoción da feira será o Programa, que o Equipo de Goberno dará a coñecer durante a inauguración do mercado medieval que terá lugar os días 25 e 26 de marzo na Praza de Abastos, como xa ven sendo habitual, mercado co que pretenden animar as ventas de produtos relacionados coa feira medieval.

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...

Morre un home atropelado fronte ao hospital de Monforte

Un home morreu este mércores ao sufrir un atropelo en Monforte de Lemos, segundo...