HomeComarca de SarriaParadelaRueda sinala en Paradela que a Xunta seguirá colaborando coa dinamización do...

Rueda sinala en Paradela que a Xunta seguirá colaborando coa dinamización do rural

Foi durante unha visita ao municipio, polos actos celebrados con motivo da clausura do Bicentenario do Concello de Paradela, coa que colaborou o Goberno galego.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este venres en Paradela o esforzo das administracións locais e veciños para construír unha Galicia con futuro.

Foi durante unha visita ao municipio, polos actos celebrados con motivo da clausura do Bicentenario do Concello de Paradela, coa que colaborou o Goberno galego.

Así mesmo, Rueda recoñeceu a historia desta localidade e o “desvelo” dos seus habitantes, que impulsaron diferentes actividades para recuperar o seu pasado, como a exposición ‘Do tempo de luces’, reivindicar o seu presente, coa actividade para mozas ‘A Paradela’ e sementar o seu futuro.

Ademais, o titular do Goberno autonómico garantiu a colaboración da Xunta para satisfacer as necesidades dos veciños, especialmente aquelas relacionadas coa dinamización do rural.

No caso de Paradela, as liñas actuais céntranse na atención aos maiores, a través das prazas públicas no centro de día e na residencia municipal; favorecer a conciliación, coa ‘casa neno’ no concello, e tamén en reverter a tendencia demográfica e devolverlle a vida ás zonas rurais, co plan de incorporación de mozas ás actividades agrarias.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...