HomePolíticaO PP de Monforte acusa a Tomé de usar electoralmente a renovación...

O PP de Monforte acusa a Tomé de usar electoralmente a renovación da rede de auga

Os populares reuníronse con veciños da parroquia de Chao do Fabeiro, que comunicaron "sofren as consecuencias do mal estado da rede de abastecemento; tal e como ocorre na maioría das parroquias".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A candidata do PP á alcaldía de Monforte, Katy Varela, desenvolve o seu programa de encontros con veciños dos distintos barrios de Monforte, co obxectivo de coñecer de primeira man os problemas que sofren e as súas inquedanzas. Despois destas xuntanzas a aspirante popular avoga pola renovación de infraestruturas que, “na actualidade, polo seu mal estado, son unha fonte de molestias e dificultades, como é o caso do abastecemento de auga.”

Varela lembra que un dos aspectos da xestión municipal que máis critica o PP de Monforte é a falta de ecuanimidade no reparto dos recursos. Sinala: “É recorrente a nosa denuncia de barrios e parroquias que se atopan nun estado alarmante de abandono, tanto en servizos básicos, como o saneamento ou abastecemento, como en investimentos urbanísticos”.

Katy Varela considera “intolerable que despois de vinte anos na corporación municipal, o alcalde non priorizara a solución aos problemas no subministro de auga e que, agora que se achegan as elección locais, anuncie obras de abastecemento e saneamento que xa prometeu no 2020 e que, tres anos despois, están sen executar”.

No PP destacan que os veciños de Chao do Fabeiro, do mesmo xeito que os doutros barrios, como O Casar ou a Estación, “sofren continuos cortes de auga polo mal estado das tubaxes.”  Katy Varela di que “ademais hai notables deficiencias en canto ás vías de comunicación, o que se traduce na existencia de gran número de fochancas”. Aseguran que os veciños da parroquia de Fabeiro botan en falta un maior investimento no arranxo de camiños e melloras na cobertura móbil.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...