HomeMedio ambiente e PatrimonioTensión en Martín, Bóveda, polos eólicos no monte comunal

Tensión en Martín, Bóveda, polos eólicos no monte comunal

Veciños da parroquia de Martin en Bovéda están en pé de guerra contra a xunta reitora da comunidade de montes, porque aseguran "colleu pola súa man a iniciativa de colocar unha serie de eólicos no monte comunal que a maioría dos veciños rexeita."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O asunto levarase a asemblea deste sábado porque a veciñanza da parroquia está preocupada polas posibles consecuencias negativas na paisaxe e na saúde, “Negámonos a que se degrade a paisaxe, a perder o monte comunal. Estes parques eólicos preto das casas poden acarrear os seguinte problemas de saúde: O ruído, un dos máis evidentes (enfermidade síndrome da turbina eólica); o efecto estroboscópico ou “efecto discoteca”, que provocan as sombras parpadeantes proxectadas polas aspas asóciase a certos problemas de saúde como ataques epilépticos. Problemas de soño, pesadelos nocturnos, problemas de aprendizaxe en nenos, demencias en persoas maiores, zumbidos nos oídos (tinnitus) Irritabilidade, ansiedade, depresión, problemas de concentración e memoria, de equilibrio, mareos e náuseas, cansanzo, problemas de corazón, diversos cancros, neurose,…”

Para moitos dos veciños os efectos serán demoledores con aeroxeradores de máis de 200 metros de altura que van provocar “forte impacto” sobre veciños e territorio. “Os terreos e as vivendas situados ata a 6 quilómetros do parque perderán sobre o 30% do seu valor actual, o espazo forestal e agrario quedará dependente do parque eólico por 30 anos prorrogables, grave impacto na paisaxe, ruido, interferencias,…” Segundo os veciños que están en contra, a instalación dos eólicos non creará postos de traballo nin beneficios económicos, máis que os impostos que recade o concello; favocere o despoboamento, afecta ás abellas,…

Moitos comuneiros lamentan non ter sido avisados con tempo da celebración da asemblea deste día 18 de marzo e os non comuneiros critican, “Por riba os veciños non comuneiros no podemos manifestarnos na asemblea xa que non vivimos aquí 170 días, e como eu estamos ao redor de 15 veciños con vivienda.”

ÚLTIMAS

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...